Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela di non ao desmantelamento da oficina de Policía Nacional

RR_Noticias

Incremento do tempo de reacción, menor presenza policial, descoñecemento da zona e aumento da criminalidade son algunhas das consecuencias que terá o traslado dos axentes que prestaban o servizo dende Redondela. Así o manifestaban os asistentes á concentración celebrada este martes na praza de Ribadavia onde a plataforma promotora das mobilizacións pedía a creación dunha comisaría de distrito.

Arroupados por veciños e membros dos partidos con representación na corporación, a plataforma veciñal advertía que o “desmantelamento é un feito”, os axentes que até o momento traballaban na oficina da Marisma xa o fan dende Vigo. O portavoz da plataforma, Álvaro Bastos, lembraba que a oficina de Redondela, operativa dende o ano 2000, contou con trinta axentes até que a “mala xestión da comisaría de Vigo” conduciu á situación actual. Advirten que suporá unha perda de seguridade para os veciños así como un servizo deficiente “menos integrado e onde os axentes descoñecerán a realidade da vila”, ademais do incremento do tempo de reacción ao ter que vir dende a cidade olívica”. Fan fincapé nos casos de violencia machista onde o tempo é fundamental e pregúntanse “quen vai estar agora ao lado das vítimas”. Ademais do incremento do consumo de estupefacientes entre os máis novos. Temores que tamén manifestaban os asistentes á concentración que alertaban do incremento dos riscos para as mulleres maltratadas, así como o descoñecemento por parte dos axentes da orografía do municipio con numerosos parroquias e pequenos núcleos de poboación. Os veciños temen que este traslado supoña un incremento dos roubos e da criminalidade. Dende a plataforma, advirten que continuarán coas protestas, e piden a creación dunha comisaría de proximidade que devolva ao “cuarto municipio en poboación da provincia” un servizo de calidade no que tamén se poida expedir o DNI ou presentar unha denuncia pola tarde.

Manifesto plataforma veciñal
Álvaro Bastos lembraba que a comisaría chegou a ter 30 axentes e apuntaba a mala xestión como causa da situación actual
Consecuencias eliminación
Incremento da criminalidade demora na resposta descoñecemento dos axentes son algunhas das consecuencias do traslado dos axentes a Vigo
Comisaría de proximidade
Piden unha comisaría de distrito con atención a mulleres maltratadas e menores así como expedición do DNI
Manuel tempo de resposta
Alerta de que o cambio vai supor un incremento do tempo de resposta
Eugenio descoñecemento da zona
Os axentes non coñecerán Redondela o que dificultará a actuación
Agustín comisaría de distrito
Advirte dos prexuízos desta decisión e da necesidade dunha comisaría de distrito

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará