Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco esperta do soño no Barco

RR_Noticias

O Barco levou o man a man ante o Choco, que queda xa practicamente descolgado da pelexa pola fase de ascenso. Gañaron os anfitrións (1-0), que se achegan así á cuarta praza, que agora está en posesión do Alondras. O Arcade, malia perder co Guardés, está en “play-off” e o Chapela despídese da fase. En fútbol sala gañou o Campito, pero non evita o descenso, e o Pazos está a 1 punto do líder.

Terceira División
Barco 1-0 Choco
A primeira media hora de partido transcorreu case sen chegadas ás áreas, ata que os anfitrións anotaron o primeiro gol. Foi unha incursión de Ivi Vales que enviou o balón á área, entre Yago Vázquez e Cortegoso non foron quen de despexar, e o defensa coou o esférico en propia meta. Logo outra ocasión de David Álvarez non atopou porta por pouco. Tamén chegaron as opcións do Choco, coon intentos de Félix e Antón Vilas, pero que non definían na área do Barco. Na segunda metade o Barco buscou ampliar a renda. Juanito Bazo, cun disparo demasiado alto e outro remate de córner de David Álvarez, foron as mellores ocasións. O Choco non baixou os brazos, e no último cuarto de hora, a expulsión de Omar Navarro deixaba aos de Redondela en superioridade numérica. Con todo, pouco despois, a vermella a Yago Vázquez volveu deixar aos dous equipos igualados. Os de “Gonza” asediaron a meta de Kiko, con varios balóns parados de Gabi Misa e ocasións creativas de Caloi. Pero a defensa do Barco non deixou fendas, e o 1-0 foi definitivo. Na última xornada estará en xogo a cuarta praza para a fase de ascenso, agora en posesión do Alondras, e con tres máis que o Choco. Os do Morrazo dependen de si mesmos no último partido ante un Bergantiños xa clasificado. O Barco, que é 5º, debe medirse a un Arenteiro practicamente salvado. O Choco ten algunha posibilidade, pero moi escasa, igual que o Ourense. Os de Redondela deberían gañar o último partido ante o Boiro, xa descendido, e agardar que os demais candidatos perdan.
CD Barco: Kiko, Sito Cruz (Toni, min 89), Oli, Javi Rodríguez, Omar, Rubén García, Ivi Vales, Pablo Rubio, Juanito Bazo (Tabala, min 70), David Álvarez e Revolta (Tato, min 63).
CD Choco: Cortegoso, Yerai, Xian, Yago Vázquez, Aitor Cañedo, Caloi, Comis (Cora, min 68), Nacho, Gabri Palmás (Gabi Misa, min 57), Félix e Antón Vilas (Jacobo Lazcano, min 72).
Gol: 1-0, min 30: Yago Vázquez desvía o envío de Ivi Vales
Árbitro: Espasandín Cores expulsou ao local Omar Navarro (min 74) e pouco despois ao visitante Yago Vázquez (min 76).
Primeira Autonómica
Guardés 3-0 Arcade
Tras unha primeira metade igualada, o Guardés impúxose na segunda, con tres goles de Iván, un deles, de falta directa. Os da Guarda asegúranse así a participación na fase de ascenso a Preferente, que o Arcade ten xa garatida hai varias semanas. Os de Soutomaior, que son 4º, despiden a liga o próximo domingo na casa ante o Salvaterra, en postos de descenso.
Fase Ascenso a 2ª Vigo

Chapela 1-2 Lavadores
O Chapela queda fóra da competición. Malia que o equipo redondelán saíu con intención de remontar o 4-0 da ida. Adiantouse o Lavadores, con gol de Álex. Empataría o Chapela, e logo Torres puxo o un a dous.
Fútbol Sala Terceira División
Campito 2-1 Praias de Barreiros
O equipo de Chapela está matematicamente descendido malia o triunfo na casa ante o Praias de Barreiras. A tres xornadas de rematar a liga están a 10 puntos da permanencia. A próxima xornada será na pista do Gonnaba Parrulo B
Red Blue Vigo 2-8 Pazos
Os de Fran Amoedo seguen na segunda posición logo da contundente vitoria a domicilio sobre o equipo vigués. Están a 1 punto do líder, o Ribeira. Na próxima xornada reciben ao Academia Red Blue 5 Coruña, inmerso na pelexa pola permanencia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará