Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pleno apoia en bloque a demanda dunha comisaría de distrito para Redondela

RR_Noticias

A tan só uns días da manifestación que se celebrará o vindeiro martes día 14 ás 20:00 horas para protestar contra o desmantelamento do servizo da Policía Nacional en Redondela, esta problemática chegaba onte a pleno. Por unanimidade todos os grupos apoiaron unha moción na que reclaman unha comisaría de distrito así como que se paralice o traslado de efectivos policiais a Vigo. Entenden que esta decisión da Subdelegación do goberno supón unha discriminación para Redondela que precisa dun servizo de proximidade.

O desmantelamento do servizo da policía nacional chegaba ao pleno da man do colectivo veciñal que dende hai semanas está a alertar da perda de seguridade cidadá que suporá para os redondeláns a reorganización de efectivos. Uns policías que actualmente operaban dende a oficina de Redondela na Marisma e que están a ser trasladados a Vigo o que supón, segundo denuncian, unha perda da calidade da atención policial que recibe o noso concello “xa que ante calquera incidencia os policías tardarán máis en desprazarse ao estaren ubicados en Vigo e, sobre todo, porque estes efectivos non coñecerán nin o territorio nin as especificidades de Redondela”. Un dos portavoces da plataforma veciñal que lidera as mobilizacións en contra desta medida, Alvaro Bastos, era o encargado de ler a moción que sería secundada por todos os grupos presentes na corporación. Nas súas intervencións, os grupos da oposición achacaron a situación actual ás “políticas de recortes dos gobernos do estado, que primeiros reducen persoal para finalmente alegar que o servizo non é necesario e proceder a súa retirada”. Así o explicaba o representante de Unidas Podemos, Enrique Fojo. Dende o BNG o seu voceiro, Xoán Carlos González, responsabilizaba tamén da situación actual “aos recortes que prexudican a concellos dunha talla mediana como o noso” e amosaba a súa preocupación porque a desaparición dos policías nacionais de Redondela se traduza nunha “perda de atención directa á veciñanza e incremento de venta de estupefacientes e casos de violencia”. Javier Bastos de AER alertaba de que a Subdelegación retoma un modelo que era o que funcionaba hai 25 anos e que fora un auténtico fracaso “pasamos a ser tratados como un barrio de Vigo”. O socialista Eduardo Reguera responsabilizaba da situación ao PP tanto en Madrid “que durante os anos que goberno desmantelou os servizos públicos”, como ao PP local “que neste anos non fixo nada mentres a comisaría de Redondela quedaba sen axentes”. Contestáballe a popular Carmen Amoedo quen responsabilizaba da situación á actual subdelegada do goberno, Maica Larriba que “ninguneou ao goberno e que non foi quen de informar ao alcalde da reorganización que tiñan previsto acometer en Redondela”. Criticou uns cambios que supoñen “un agravio e una atraco ao noso concello por parte da subdelegación e por parte dos mandos policiais”. Unha debate que se produce a tan só uns días da manifestación convocada para o martes 14 ás 20:00 horas na Praza de Ribadavia.  

Alvaro Bastos Plataforma
Foi o encargado de trasladar a moción ao Pleno
Enrique FOjo edil non adscrito
Unha situación produto dos recortes
Xoán Carlos González BNG
Empeoramento da atención
Javier Bastos AER
retómase un modelo que non xa non funcionou hai 25 anos
Eduardo Reguera PSOE
Os socialistas acusan a Bas de non ter feito nadas neste anos para evitar este desenlace
Carmen Amoedo PP
No PP sinalan directamente á subdelegación do goberno e os mandos policiais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará