Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Últimos días para visitar a exposición “Relieves” de Moisés Santos na Xunqueira

RR_Noticias

Recuperar obxectos cotiás e darlle unha segunda vida e significado, é o que fai o artista Moisés Iglesias Santos na súa obra. Cordas, metal, tubos, madeira son algúns dos materias que emprega para a composición das doce pezas que se poden ver na sala un do Multiúsos da Xunqueira até o 5 de maio.

Calquera obxecto pode ser material de traballo para as pezas de Moisés Iglesias Santos, dende armarios vellos, anacos de embarcacións ou elementos industrias esquecidos nun almacén. Este redondelán de adopción leva traballando nestas composicións dende febreiro de 2017 cando decidiu seguir as recomendacións dos seus amigos e mergullarse no proceso artístico. Aposta por pezas de gran formato compostas por distintos materiais porque recoñece que é coas “tres dimensións onde se atopa máis cómodo, co xogo de luces e sombras e os relevos”. Precisamente “Relieves” é como se chama a exposición que se pode visitar até esta fin de semana no Multiúsos da Xunqueira, dentro da programación do festival Artelixo 2019, e que forma parte dun proxecto máis amplo composto por 26 obras e seis esculturas. A madeira e un dos elementos máis comúns nas súas pezas. O carballo, castiñeiro ou o freixo, anacos “deste material nobre que acompañaron á humanidade dende os seus inicios” e que pola súa calidade e textura tamén acompañan a Moisés Iglesias na súa obra. Madeira que fusiona con outros materias de refugallo até conseguir non unha colaxe senón unha peza “compacta é única” cun só significado co que transmite os valores da reciclaxe, da segunda vida dos obxectos e da sustentabilidade. O artista xa traballa en novas pezas que poderemos ver en dúas mostras que espera presentar en novembro deste ano e en 2020 na cidade de Vigo.

Materias e técnica
Aposta polas tres dimensións o que lle permite xogar coas luces e sombras
Reciclaxe e segunda vida
Son valores que transmite a través da súa obra
Moisés Iglesias Santos
Doce pezas de gran formato feitas con materiais de refugallo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará