Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco mantén vivo o soño no Couto

RR_Noticias

O xuvenil Samu Santos foi o protagonista da vitoria redondelá no campo do UD Ourense, ao anotar dous dos tres goles do equipo. Os tres puntos son vitais para que o C.D. Choco poida acadar as posicións de promoción de ascenso nesta recta final de tempada.

En terras ourensás o equipo de Gonza Fernández foi o claro dominador do xogo, fíxose coa posesión e superou aos anfitrións. E o canteirán Samu Santos, xuvenil que debutou esta temporada en Terceira, tivo un gran protagonismo logo de aproveitar dúas faltas laterais de Antón Vilas para anotar dous goles. Na recta final do partido, Nacho anotou o terceiro gol do Choco, co que deixaba xa sentenciado o encontro. O equipo de Redondela queda a dous puntos da promoción de ascenso, a falta de tres partidos para o final da tempada. O próximo será este domingo, ás 17.30 horas en Santa Mariña ante o Porriño Industrial, pechacancelas do grupo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará