Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Desconvocan a protesta en defensa do servizo da Policía Nacional ao non concederlles autorización

RR_Noticias

A subdelegación do Goberno en Pontevedra non concedeu autorización para a concentración, convocada por un grupo de veciño e que se ía celebrar na tarde de hoxe, ante as oficinas da Policía Nacional de Redondela. Con esta mobilización pretendíase protestar contra o traslado a Vigo do grupo de Seguridade Cidadá. Os organizadores da mobilización explican que a subdelegación xustifica a súa decisión ao considerar que “non se cumpre co criterio de urxencia”.

Ante esta situación, decidiron desconvocar a protesta ata concretar unha nova data máis adiante. O sindicato Unión Federal de Policía (UFP), que expresara o seu apoio á concentración, cualificou de vergoñenta a decisión da subdelegación de non autorizar o acto.
Unha subdelegación que asegura que os cambios organizativos que comezarán a aplicarse esta mesma semana non suporán ningunha perda de servizos para Redondela. Mentres os sindicatos alertan que a integración do grupo de seguridade cidadá na Comisaría de Vigo implicar unha perda de efectividade da policía ao ter a súa base máis afastada e ao non coñeceren os axentes o territorio, dende a Subdelegación insisten en que a oficina de denuncias seguirá funcionando de 8:00 a 14:00 horas e haberá tamén un funcionario en horario de tarde para atender as necesidades urxentes.
Aseguran tamén a subdelegada, Maica Larriba que  no aspecto de seguridade cidadá os efectivos manteranse como ata o de agora, cos mesmos vehículos e efectivos, permanecendo en todo momento no termo municipal, pero simplemente integrados no mando da Comisaría de Vigo.
Acusa ao alcalde, Javier Bas, de empregar a seguridade cidadá como arma electoral cando foi informado ata en dúas ocasións de que os cambios organizativos non suporán un peche de instalacións ou unha diminución na seguridade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará