Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Festival de Curtametraxe Andaina proxecta a película “Campeones” no Multiúsos

RR_Noticias

O Multiúsos da Xunqueira acolle hoxe venres a inauguración oficial do Festival con proxeccións abertas a todo o público que queira achegarse. Logo de varias xornadas con activiades apra os escolares esta tarde ás 18:00 horas ábrese a programación oficial co actor de Campeones, Sergio Olmo, que asistirá tamén ao pase da premiada película de Javier Freser a partir das 20:00 horas. Previamente, ás 18:30 proxectaranse as curtametraxes.

A sección oficial inclúe a proxección dun total de 10 filmes entre os que destacan curtametraxes internacionais como 24H, de Marie-lou Béland (Canadá), ou Desiderio, de David Nazareno (Arxentina). Tamén haberá representación nacional cos filmes A Mitges, Miranda y el mar, Los hombres de verdad no lloran, Robarte una noche e A ciegas. En canto ao audiovisual galego, se visionará a curtametraxes Prexuízos, coa participación de Xuntos-Pontevedra. Todas elas achegan as diferentes discapacidades sensorial, intelectual e física á sociedade, un dos principais obxectivos da realización deste festival, que pretende en primeira instancia sensibilizar e visibilizar a discapacidade e facelo dunha maneira impactante e lúdica.
A presentación oficial do festival terá lugar hoxe venres 26 de abril, á cal acudirá o actor e xogador da liga genuine no Rayo Vallecano, Sergio Olmos, actor da aclamada película Campeones. Tras o visionado do primeiro pase, proxectarase este filme gañador de varios premios Goya.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará