Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os escolares de Pazos participan dunhas xornadas de alimentación saudable

RR_Noticias

Os alumnos de educación primaria do CPI Curros Enríquez de Pazos de Borbén participan esta semana nunha iniciativa destinada a fomentar os hábitos saudables de nutrición. A actividade desenvólvese nas instalacións da Casa Obradoiro Luís Seoane de Alxán coa colaboración dos participantes do taller de emprego Rio Pequeno, impulsado polos Concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén.

A primeira das actividades da iniciativa era a de ensinar aos pequenos os grandes sabores que se poden obter con produtos saudables. Desta maneira, os estudantes gozaron dun almorzo completo no que non faltaron os lácteos en forma de diferentes batidos de froita, tostadas de diferentes clases de pan, mel, queixos e embutidos, tortilla, ovos fritos, e froita de toda clase, desde plátanos a granadas e papaia.
Unha vez finalizado o seu almorzo saudable, os pequenos pasaron á segunda actividade, un taller culinario no que aprenderon a preparar,baixo a tutela dos profesores e alumnos do taller de cociña, unhas deliciosas tortas de chocolate e caramelos que logo levaron ás súas casas para gozar coa súa familia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará