Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Soutomaior esixe que se cumpra o acordado na prevención de incendios forestais

RR_Noticias

O voceiro nacionalista, Manu Lourenzo, demanda ao goberno local o cumprimento dos acordos plenarios para a prevención dos incendios forestais. Faino despois de que tras os graves lumes vividos o ano pasado, o pleno acordase por unanimidade crear unha “mesa contra o lume”, organismo que o goberno local non puxo en marcha.

O grupo municipal do BNG presentou o ano pasado unha batería de iniciativas para que Soutomaior estivese “máis preparado na loita contra o lume e para que estas situacións non se repitan nunca máis”. Un dos puntos principais da iniciativa do BNG, e que foi aprobada por unanimidade, era a creación dunha mesa contra o lume na que os representantes políticos se xuntasen coas comunidades de montes e con expertos para atopar solucións aos incendios forestais. Lamentan que o alcalde, Agustín Reguera, incumprise o mandato plenario. Lourenzo critica que o goberno local “politice coa loita contra lume e antepoña os seus intereses electorais á busca de solucións para todos”. Soutomaior vén de ser declarado unha vez máis como unha zona de alta actividade incendiaria, e desde o BNG entenden que o Concello segue sen ter medios suficientes para evitar outra catástrofe. Denuncian qie o goberno local “non aproveitou as axudas para parques forestais da Deputación para facer unha proxecto de franxas de protección dos núcleos habitados”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará