Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Últimos días para pagar o imposto de rodaxe

RR_Noticias

O próximo luns, 2 de xullo, remata o prazo para o pagamento en periodo voluntario dos recibos do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica exercicio 2018. Finalizado este prazo o Concello procederá a realizar o cobro pola vía executiva cos recargos correspondentes.

Os contribuíntes que non recibiran no seu domicilio as cartas co recibo para realizar o pago en calquera das sucursais de Abanca, Caixabank ou Banco Bilbao Vizcaya, poderán solicitar un duplicado na Oficina de Recadación e Xestión Tributaria do Concello de Redondela. As oficinas, na rúa Ernestina Otero, 35, teñen un horario de atención ao público de luns a venres, pola mañás de 9:00 a 14:00, e polas tardes de luns a xoves de 16:00 a 19:00 horas. Máis información no teléfono 986408391 ou no enderezo electrónico redondela@canaltributos.com.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará