Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

21 comparsas e máis de mil persoas participarán no desfile do Entroido do domingo

RR_Noticias

A programación do Entroido arrancaba no mediodía de hoxe coa colocación do meco na praza do Concello. Unha figura que representa á avespa “Abelutina”, unha especie invasora que segundo os autores do boneco hai que “manter afastada das áreas metropolitanas”. Referencias neste meco ao alcalde vigués que arderá o vindeiro martes na tradicional queima que chegará acompañada de música, espectáculo de lume e moita festa. Previamente, na tarde do domingo terá lugar o desfile de comparsas e mañá venres escolares de diferentes centros educativos visitaran o Concello para seren recibidos pola Coca Simona.

Un programa de actos que continuará o domingo co tradicional desfile no que este ano participan 21 formacións entre as que se inclúen algunhas novidades, como a comparsa que realizan os integrantes do grupo de patinaxe Bolboreta. Malia os prognósticos que apuntan risco de precipitacións para a tarde do domingo, dende a Concellería confían en que se poida desenvolver a actividade con normalizade e que as comparsas saian ás 18:00 horas dende o campo da feita para percorrer o casco urbano da vila ante os centos de persoas que adoitan congregarse nas beirarrúas para admirar o traballado de disfraces, carrozas e posta en escena. Con todo, a cita máis participativa será unha vez máis o martes, xornada na que se pecharán as rúas ao tráfico xa dende o mediodía. Nese día terá lugar a tradicional Queima do meco a cargo da agrupación Troula, que nesta ocasión achegan a Redondela o espectáculo SubUmbra no que os zancudos estarán acompañados de catro personaxes manexando a pirotécnica ao son da música dun percusionista. Os máis pequenos poderán gozar de actividades na praza da Constitución xa a partir das 16:30 con animación infantil, elaboración de máscaras, maquillaxe de cara, tatuaxes e globoflexia. E xa para concluír o Entroido 2018 despedirase o sábado 17 co tradicional Enterro do berete en Chapela.  

Angela Antón concelleira de Eventos
21 comparsas desfilarán polo casco urbano o domingo
Queima do meco
É o acto principal do martes de entroido
Enterro do berete
Chapela vivirá o entroido o sábado 17

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará