Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

XI Concurso fotográfico do obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy

RR_Noticias

O obradoiro de estudos locais Fernando Monroy de Cesantes organiza a XI edición do seu concurso fotográfico co obxectivo de incentivar a actividade fotográfica sobre o entorno potenciando a súa difusión e coñecemento. O prazo de presentación de traballos está aberto  ata o vindeiro luns 14 de novembro e repartiranse 600 euros en cinco premios. O Obradoiro realizará unha exposición coas fotografías de todos os participantes.

O obxectivo desta iniciativa é promover actividade fotográfica debendo os interesados presentar os seus traballos antes do 14 de novembro. Poden participar no concurso todas as persoas que así o desexen e do mesmo xeito que nas últimas edicións, a temática é libre. Establécense dúas categorías, unha para xuvenís  ata  16 anos e outra para adultos.
O lugar de entrega das fotografías e o Círculo Cultural e Deportivo de Cesantes. As fotografías deberán facerse en formato impreso (30×20 de máximo) e tamén aportar un arquivo dixital coas fotos.
Para ter máis información pódese consultar a páxina web da asociación www.estudoslocais.org
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará