Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Banco de Alimentos busca 125 voluntarios para a gran recollida en Redondela

RR_Noticias

Por primeira vez 7 supermercados do noso concello súmanse a unha iniciativa do banco de Alimentos que conta 150 establecementos adheridos en Vigo, Pontevedra, O Morrazo, Val Miñor, Baixo Miño, O Salnés e Deza. O obxectivo é superar os 300.000 kilos de comida recollidos na edición anterior. As persoas interesadas en sumarse a esta acción solidaria que se realizará os días 25 e 26 deste mes poden poñerse en contacto coa organización no teléfono 986 263022. Celebran tamén unha reunión no auditorio José Figueroa o martes 15 ás 18:30 horas.

O banco de alimentos de Pontevedra aspira a superar as cifras logradas no pasado ano, cando nos dous días de recollida se lograron 300.000 kilos de alimentos. “Non se trata de bater ningún record” explica o residente do ONG, Pedro Pereira “senón de volver encher o noso almacén de onde cada día saen máis de 3000 kilos de comida para axudar a persoas que o necesitan”. Alimentos como aceite, galletas, convervas… e todo tipo de produtos non perecedoiros. Ademais da solidariedade dos veciños á hora de doar eses produtos os promotores precisan de voluntarios que estean nos puntos de recollida nos dous días nos que se realizará a campaña. En Redondela estiman que para atender os puntos que se instalarán en 7 supermercados (Eroski, os 3 centros de Froiz, Dia, Familia e Mercadona) é necesaria a colaboración de 125 voluntarios que se encargarán de repartir información, recoller alimentos e clasificalos en caixas. Os interesados en colaborar poden anotarse na páxina web da asociación, no teléfono 986263022 ou achegarse á charla que celebran o vindeiro martes día 15 no auditorio José Figueroa ás 18:30 horas. Unha acción solidaria apradriñada nesta ocasión polo xornalista Fernando González “Gonzo”.  

Pedro Pereira Banco de Alimentos
Superar os 300.000 kilos do ano pasado
125 voluntarios
Encargaranse da organización en cada un dos supermercados
Charla no José Figueroa
os interesados en colaborar poden recibirmáis información o martes ás 18:30 horas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará