Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Leonardo Cabaleiro: “Debemos recuperar un PSOE afastado do PP”

RR_Noticias

Finalmente o comité federal do PSOE adoptou unha decisión contraria ao que demandaban as bases do partido en Redondela, localidade na que un 71% dos militantes posicionaráranse en contra dun goberno de Mariano Rajoy mantendo o “non é non” defendido polo ex secretario xeral do partido Pedro Sánchez. A decisión do PSOE de absterse e permitir ao PP formar goberno afecta piramidalmente a todos os estratos do partido, tal e como recoñece o secretario xeral en Redondela, Leonardo Cabaleiro, quen malia todo confía en que “tomada a decisión, o partido saiba reconstruír a unidade e recuperar un PSOE afastado do PP”.

“Recoñecemos que a decisión do comité federal supón a entrega do goberno ao PP pero temos que demostrarlle á sociedade que PP e PSOE non son o mesmo”. Ese é para Cabaleiro o obxectivo que debe mover o partido “unha vez que a decisión está tomada, agora toca reconstruír a unidade e a credibilidade, facendo un bloque máis forte contra as políticas antisociais do PP”. Sobre a perda de apoios por parte daqueles votantes que se sintan decepcionados coa decisión de permitir gobernar a Rajoy confía Cabaleiro en que “se poida dar un xiro contra as políticas do PP que eviten ese fluxo de votantes a outras formacións”.  

Leonardo Cabaleiro PSOE
Recuperar a credibilidade
Perda de votantes
Confía en dar un xiro contra as políticas do PP que manteña aos votantes socialistas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará