Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Deberes si, pero os xustos

RR_Noticias

A maioría das familias cren que os rapaces teñen demasiados deberes escolares, segundo unha enquisa de Metrocopia. Tamén en Redondela a marioría dos pais pensan que os alumnos levan demasiadas tarefas para a casa. En xeral, están a favor de facer traballos de reforzo, pero “non demasiado”, e desexarían que os deberes se adaptaran “ás necesidade de cada alumno”.

En materia de deberes hai división de opinións: case a metade dos cidadáns considera que as tarefas escolares diarias son positivas e o resto que non. No que si coincide unha maioría, o 61%, é que hai “demasiados deberes”. Segundo unha sondaxe de Metroscopia a outro 27% parécenlle adecuados e só un 3% estímaos insuficientes. E o caso de Redondela non é unha excepción, a maioría das familias entenden que os rapaces levan “moita carga de traballo”. Anxos advirte que a súa filla, do CEIP Santa Mariña, ten pasado “moitas horas” facendo tarefas. A maioría das familias si están a favor de que os rapaces leven “algunha tarefa” para reforzar coñecementos na casa, pero rexeitan que a carga sexa “excesiva”, xa que ás veces os deixa sen tempo para o xogo ou o descanso. E os pais advirten que ter máis ou menos deberes vai en función do criterio de cada mestre, polo que Luis explica que é “custión de sorte”. Algúns como Jorge ou Silvia van máis aló, e defenden que no caso de que os rapaces leven tarefas para a casa, deberían ser específicas e personalizadas “segundo as necesidades de cada alumno”. De feito os pais denuncian que os mestres non teñen en conta “as particularidades de cada alumno”. É o caso da filla de Nuria, que ten dislexia. Advirte que nos casos de nenos con necesidades especiais a carga de deberes “complica aínda máis a súa situación”. Folga de deberes A confederación maioritaria de asociacións de nais e pais na escola pública, CEAPA, reclama directamente que se eliminen os deberes da vida das familias. Para conseguilo, acaban de lanzar un órdago. Pediron que non se manden tarefas aos nenos e adolescentes para os fins de semana do mes que vén. Pero, se os fillos chegan con elas, a confederación pide aos pais que se planten e non as fagan. Propugnan unha folga de deberes como a que expuxo Francia en 2012.

Demasiadas tarefas
Nais como Anxos relatan que os rapaces levan demasiados deberes para facer na casa.
Deberes si pero non tantos
Mari Luz está a favor de que os rapaces leven tarefas para a casa pero non en exceso.
Cuestión de sorte
Os pais lamentan que os nenos teñan máis ou menos deberes en función do criterio de cada mestre.
Deberes personalizados
Pais como Jorge ou Silvia demandan que os deberes sexan específicos para cada alumno segundo as súas necesidades.
Necesidades especiais
Nuria lamenta que os mestres non teñan en conta as particularidades de cada alumno.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará