Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reclaman pasos de peóns no acceso norte de Arcade e medidas de seguridade viaria na N-550

RR_Noticias

O BNG de Soutomaior solicita ao pleno o seu apoio para esixir ao ministerio de Fomento a creación de pasos de peóns na entrada norte de Arcade, despois da ponte de Ferro, por entender que a falta de medidas de seguridade nunha zona de especial intensidade de tránsito supón un perigo para os veciños. Lembran tamén que dende hai anos veñen demandado que se incrementen as medidas de seguridade en toda a N-550 ao seu paso polo casco urbano do concello.

Explican dende o BNG que se “trata dunha zona onde hai unha importante actividade hostaleira e comercial, ademais de varios accesos ao paseo marítimo. A falta de pasos de peóns e de medidas de seguridade nesa zona tan transitada provoca perigos e incomodidade tanto para os veciños que precisan cruzar como para os clientes dos negocios locais á hora de acceder aos establecementos”. Neste sentido sinalan que é habitual ver veciños obrigados a cruzar a estrada nacional sen ningún tipo de medida de seguridade, xa que ao haber negocios e aparcamento en ámbalas dúas marxes da estrada o tránsito de peóns é constante, co perigo que iso implica.
O voceiro do BNG Manu Lourenzo, sinalou que “hai anos que dende o BNG vimos esixindo que o goberno local solicite medidas de seguridade en toda a N550 ao seu paso por Arcade. É unha necesidade urxente xa que os accidentes nese tramo son constantes e mesmo tivemos xa que lamentar mortes de veciños. Agardo que non teñamos que lamentar máis desgrazas para que se tomen as medidas necesarias” sinalaba.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará