Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG traslada ao Parlamento os problemas que causan as obras da AP-9 en Chapela e Rande

RR_Noticias

Membros da Asociación de Afectados pola AP-9 reuníronse na mañá de hoxe con representantes do Bloque para trasladarlles as súas denuncias en canto aos prexuizos que sofren a consecuencias dunhas obras que se están a realizar “de xeito irregular e con modificacións sobre a marcha”. O nacionalista Luis Bará comprometeuse cos afectados en facer chegar as súas demandas ao Parlamento galego e os estamentos correspondentes “demandas que deberían ser atendidas porque son xustas e viables economicamente nun investimento millonario como é a ampliación da autoestrada”. A reunión celebrouse minutos ante de que os veciños volveran cortar o tráfico como acción protesta.

Demandas que dende a Plataforma de afectados repítense día a día: reposición de servizos, aplicación de medidas correctoras de ruído, traslado do colexio Igrexa e a expropiación dos veciños que na zona de Rande-Cabanas se están a ver máis afectados do previsto inicialmente. De feito, un dos representantes da plataforma Rafael Baltasar, apuntaba que as afeccións poderían ser maiores xa que segundo lles din “a obra é a que manda”. Critican tamén que non se estea a respectar o compromiso que establecía que unha vez iniciado o curso non se farían obras nas proximidades dos centros educativos “e estes días están a traballar nas inmediacións do instituto co conseguinte ruído que supón e a imposibilidade de impartir as clases con normalidade”. O nacionalista Luis Bará entende que boa parte dos problemas dos últimos días son produto do proceder “irregular e con continuas modificacións que se fan sobre a marcha por parte da empresa construtora”. Neste sentido, dende o BNG local Xoan Carlos González apunta que a comisión de seguimento non está a ser operativa “converteuse nun instrumento para dilatar as conversas” motivo polo que insisten na necesidade de celebrar un pleno extraordinario no que todos os grupos se posicionen a favor dos veciños que reclaman a expropiación das vivendas e se demanden as medidas correctoras de ruído”.  

Luis Bará BNG
Amosa o seu apoio ás reivindicacións veciñais
Xoán Carlos González BNG Redondela
Esixen un pleno extraordinario
Rafael Baltasar Afectados AP-9
A obra é a quen manda
Ruídos no Instituto
Non se cumpren os compromisos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará