Hoxe é Sábado 11 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco non defrauda

RR_Noticias

Ante o pechacancelas o equipo de Marcos Montes demostrou a súa superioridade e asinou un triunfo claro. A vitoria déixaos na terceira praza, empatados co segundo, Cerceda, e a tan só dous puntos do líder, o Boiro.

Terceira División
Noia 0-3 Choco
Bo partido do Choco no campo do Noia. O primeiro gol chegou cedo, cunha falta colgada desde o flanco dereito aos oito minutos de xogo. Na segunda metade o partido comezou igual, malia que os locais se envorcaron no ataque, o Choco dispuxo de rápidos contragolpes por parte de Silva, Hugo e Óscar. No minuto 73 chegou o 2-0, obra de Hugo. E cinco minutos máis tarde chegaría o terceiro gol nun erro defensivo do Noia. Trasbach foi o autor do terceiro en propia porta, tras unha internada de Silva. O Noia tivo ocasión de recortar distancias, pero o penalti mandouno alto Álex Blanco. O encontro deixa os tres puntos para os redondeláns, que se afianzan nos postos de cabeza. O domingo reciben en Santa Mariña ao Vilalbés, outro dos equipos que aspira á parte alta da táboa, actualmente na quinta praza, a oito puntos xa do Choco.
Segunda Autonómica

Chapela 1-2 Teis

S.Miguel 2-1 Choco
Próxima xornada Choco-Atl. Matamá; Chapela-R. Vilariño
Terceira Autonómica

Cesantes 4-1 San Andrés

Peña Beretes 1-3 Balaídos

Cult. Areas B 1-3 Atl. Vilar
Próxima xornada Monteporreiro-Cesantes; Sol Invictus-Peña Beretes; Atl. Vilar-Caselas B.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará