Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Empate sen goles do Choco ante o Bergantiños

RR_Noticias

O resultado sérvelle aos de Marcos Montes para frear a súa serie de tres derrotas consecutivas e sumar un punto. Aínda que os redondeláns tiveron ocasións de facerse coa vitoria que non foron quen de aproveitar. Na Segunda Autonómica o Choco B perdeu coa Guía e o Chapela impúxose ao Vincios. No balonmán goleada do Castro Chapela ao Ártabro, e derrota da SAR ante At.Novás.

Terceira División
Choco 0-0 Bergantiños
O Choco rompeu a súa serie de tres derrotas consecutivas cun empate que sabe a pouco. O Bergantiños chegou a Santa Mariña coa intención de sumar un punto, e conseguiuno. O once titular de Marcos Montes tiña moitas novidades, cambios cos que o técnico buscaba frear a xeira de resultados negativos. O rival fixo o seu xogo, centrado nunha defensa férrea, con moitos xogadores por detrás da pelota, fiando as súas opcións ofensivas aos balóns en longo cara o dianteiro Sekou. E a estratexia saíulle ben, porque a ofensiva do Choco non brillou, co xogo máis centrado na defensa, e os espectadores presenciaron un encontro pouco vistoso e con escasa ocasións. O encontro rematou co marcador como comezou, 0-0, que deixa ao Choco no posto10º. A próxima xornada visitan o campo do Barco, un posto por baixo dos redondeláns.
Segunda Autonómica

A Guía 2-0 Choco B
Bo partido do filial do Choco, que quedou sen premio por mor dos dous goles de Andrés, que aproveitou os erros defensivos dos redondeláns. O resultado deixa ao Choco B na sétima praza, e na próxima xornada recibe ao Alcabre, equipo situado no pozo da clasificación.
Vincios 1-3 Chapela
O Chapela foi moi superior ao Vincios, que se mantén no pozo da clasificación mentres o Chapela ascendo á quinta praza. O domingo recibe ao Santa Mariña, situado na metade baixa da táboa.
Terceira Autonómica

S. Andrés 2-1 Cesantes
O Cesantes afúndese cada vez máis na táboa, logo da derrota no campo do S.Andrés. Pero terá ocasión de mellorar resultados a próxima xornada, xa que vai recibir a un rival que está nunha situación aínda máis complicada, o Monteporreiro, pechacancelas.
Coia 5-0 Beretes Chapela
O Peña Beretes competiu todo o partido, pero foi inferior a un Coia que se fixo co partido cos goles de Crespo e Fer, que anotaron por partida dobre, e un quinto de Oscar. O conxunto redondelán segue afundido na penúltima posición do grupo, e vai recibir ao S.Roque, un dos equipos máis fortes do grupo, segundo clasificado.
Atl.Vilar 2-1 Covelo
Os redondeláns manteñen a terceira posición grazas a esta vitoria acadada cos goles de Juani e Andrés, de penalti. O domingo van xogar no campo do Nespereira, que é cuarto.
Balonmán Primeira Nacional

Ártabro 16-45 Castro Chapela
Os de Fran Teixeira impuxéronse cunha contundencia esmagadora nun partido no que non houbo comparacións posibles. O Chapela deixou xa sentenciado o encontro na primeira parte (6-24), e o técnico aproveitou a segunda metade para dar minutos aos menos habituais. Co resuntado o Construcións Castro mantén a segunda praza, e na próxima xornada recibe ao líder, o Xiria, que os adianta en dous puntos.
At. Novás 27-17 SAR Plastic Omnium
Os redondeláns non foron quen de seguirlle o ritmo ao Acanor Atlético Novás, que se mostrou moi superior no pavillón do Rosal. A SAR Plastic Omnium, agora na 13ª posición, recibe a próxima xornada ao Granitos, da metade da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará