Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Saxamonde escribe a súa historia con imaxes de muller

RR_Noticias

A Asociación de mulleres Arela presenta o primeiro libro dedicado integramente á parroquia de Saxamonde, un libro no que se recollen 169 imaxes baixo o título “Mulleres e memoria en Saxamonde” e que se presentará este sábado ás 18:00 horas nun acto aberto que se desenvolverá na antiga escola da parroquia. Unha presentación literaria na que o protagonismo estará centrado nalgunhas das mulleres que aparecen retratadas e cuxos relatos serviron para fiar todas estas imaxes.

Dividido en varios capítulos nos que se agrupan por temáticas as 169 imaxes impresas, o libro recolle fotografías en torno á familia, a escola, o traballo, o lecer, a relixiosidade e os retratos. Precisamente neste último apartado é onde atopamos as imaxes máis antigas, sendo un retrato do ano 1910 o máis antigo dos datados. Un documento impreso que amosa todos os cambios experimentados ao longo do pasado século, tanto nos usos e costumes como no propio territorio e que serve ademais “para poñer en valor o importante papel da muller tanto dentro como fora da casa”. Leiteiras, operarias do téxtil, mulleres realizando tarefas do campo… imaxes algunhas delas xa pertencentes ao pasado a outras que podemos ver a día de hoxe pero que amosan cambios salientables en todos os aspectos, incluído a moda. Dende Arela, Marga García non oculta o seu orgullo “porque sexa unha asociación de mulleres que publique o primeiro libro sobre a parroquia cunha visión que pon en valor ás mulleres como elemento central que vertebra a historia de Saxamonde”. A data de presentación do libro, o vindeiro sábado 21, non é casual xa que se buscou unha data próxima á conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero “como contribución a eliminación das desigualdades e recoñecemento á participación activa das mulleres na historia”.  

Marga García Asociación ARELA
169 imaxes forman parte do libro
Poñer en valor ás mulleres
No libro recóllense aspectos domésticos festivos laborais…
Presentación participativa
Algunhas das protagonistas do libro falarán no acto do sábado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará