Hoxe é Xoves 14 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nós Candidatura Galega busca apoios e unidade “dende abaixo”

RR_Noticias

O coordinador da campaña en Redondela Anxo Lusquiños defende esta candidatura como a única “100% galega, capaz de defender os intereses da nosa comunidade en Madrid”. Por ese motivo anima aos veciños do noso concello a achegarse á asemblea que celebran mañá no Multiúsos da Xunqueira ás 20:30 horas. Desa xuntanza debería saír un grupo de traballo encargado de organizar a campaña en Redondela co obxecto de acadar o maior número de apoios posibles na vindeiras elección do 20D.

Lamenta que o proxecto Iniciativa pola unión, que perseguía acadar un consenso maior con outras formacións, “non fora posible porque outras forzas políticas como Podemos buscaban que nos convertésemos nun subgrupo dentro do seu partido cando o noso obxectivo é acadar un grupo propio”. Un revés que tentan agora contrarrestar buscando “aglutinar xente dende abaixo” e nese camiño convocan mañá xoves ás 20:30 horas unha asemblea da que debería saír o grupo de traballo encargado de organiza a campaña en Redondela. Lusquiños insiste na idea de que Nós é “a plataforma que servirá para defender os intereses de Galicia, do seus sectores produtivos e dos galego en Madrid” e resta importancia ás últimas enquisas que daban resultados marxinais ao nacionalismo galego. Ante ese prognósticos lembra que a situación política e a intención de voto está continuamente cambiando nos últimos tempos e confía en que o votante saiba valorar o traballo desenvolvido polo nacionalistas nos últimos anos.  

Anxo Lusquiños Nós-Unidade Galega
Convoca aos veciños a unha xuntanza este xoves no Multiusos
Unidade dende abaixo
Buscar apoios da cidadanía ante a falta de consenso con outras forzas
Prognósticos
Resta importancia aos malos resultados que auguran as enquisas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará