Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela F.S. aspira a rematar a primeira volta da Liga Galega entre os cinco primeiros

RR_Noticias

A competición non comezou ben para o equipo redondelán, cuns resultados modestos logo da incorporación de novo técnico, cambios na directiva, moitas lesións e unha curta pretemporada. Afundidos na metade baixa da táboa logo da derrota ante o Celado Mos, Jorge Expósito confía en mellorar resultados.

Logo da súa experiencia como árbitro e como técnico no Leis e o Bembrive femininos, Expósito recoñece que substituír no banco a Julio Mougán é para el un reto “moi complicado”, xa que o listón quedou “moi alto”. A iso hai que engadir unha curta pretemporada, con escaso marxe de tempo para a preparación da liga, e un cúmulo de lesións que deixaron ao equipo “moi mermado”. Con todo, o adestrador é optimista co traballo do equipo, que gañou en madurez logo de sete xornadas, nas que suman unha vitoria, un empate e cinco derrotas. Catro puntos que os levan a ocupar a 12ª praza da táboa. O seu obxectivo, cando xa transcorreu unha cuarta parte do campionato, é rematar a primeira volta entre os cinco primeiros clasificados. Aínda que sabe que será difídil nunha liga “moi competitiva”. Logo da derrota do pasado sábado na bomboneira diante do Celado Mos, esta fin de semana viaxan a Gondomar para enfrontarse ao Abetos. Un rival situado na parte alta da táboa, con xogadores moi veteranos e ao que os redondeláns coñecen da pretemporada. Para Expósito a clave do partido está en “non precipitarse” e evitar erros de xornadas anteriores. O partido disputarase no pavillón municipal de Gondomar o sábado ás 16.30 horas. O mesmo día e á mesma hora o Campito defenderá a 2ª praza do grupo en Chapela, diante do Bar Praza García-Araújo. O Arealonga xogará en Ourense ante o Verín Futsal.  

Jorge Expósito adestrador
Os cambios que sufriu o club esta temporada son un reto complicado para o técnico ao que se sumaron numerosas lesións.
Obxectivos do Redondela F.S.
Expósito aspira a rematar a primeira volta entre os cinco primeiros.
Abetos Gondomar-Redondela F.S.
Coñecedor do rival a clave para o adestrador neste partido é non precipitarse e controlar os nervios.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará