Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os pais do aparellador enfróntanse a penas de cárcere por supostas ilegalidades urbanísticas

RR_Noticias

O matrimonio octoxenario propietario dunha vivenda preto da praia de Cesantes enfróntase a unha pena de dous anos e medio de cárcere, unha multa de 10.800 euros e a demolición da obra que terían supostamente construído de xeito ilegal. Tamén está acusado dun delito de falsidade documental o arquitecto que certificou que a propiedade posuía unha antigüidade superior aos 20 anos.

O xuízo no que os pais do aparellador municipal están acusados dun suposto delito contra a ordenación do territorio por ter levantado unha obra sen licencia, comezou onte no Xulgado do Penal número 3 de Vigo e continuará o venres da vindeira semana, cando terán que declarar máis dunha ducia de testemuñas que onte non o puideron facer por falta de tempo.
Determinar a antigüidade da vivenda é fundamental para saber se as irregularidades están prescritas ou non. Así, mentres o acusado, Manuel E. aseguraba que a vivenda é dos anos 80 e que na mesma só se realizaron obras para mellorar a cuberta e evitar as filtracións de auga e humidades, a Fiscalía sostén que ditas obras de reforma se acometeron sen permiso, que o cambio do tellado foi en realidade unha ampliación, xa que o primeiro andar pasou de ter dúas habitacións a ter catro, e que ditas obras se realizaron nun terreo de especial protección de Costas entre os anos 2003 e 2007.
Avalaría o posicionamento da Fiscalía a investigación levada a cabo polo equipo do Seprona de Vigo que confirmaría, en base a imaxes de satélite tomadas dende o ano 2002, que a vivenda de máis de 200 metros cadrados sería unha obra nova. Nese período tería pasado de ser un pequeno galpón a converterse nunha vivenda unifamiliar.
A denuncia foi interposta por un veciño que tivo que retranquear un muro logo de perder un litixio contra o Concello.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará