Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A cementeira de Vilar debe pechar por orde xudicial

RR_Noticias

A Xustiza ordena o cesamento total da actividade na fábrica de formigón. O TSXG revoga un fallo que só prohibía traballar de noite á subministradora das obras do AVE. Despois de anos de batallas xudiciais, os veciños de Millarada, en Vilar de Infesta, conseguiron outra vitoria legal contra a fábrica de formigón JCA.

Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia revoga un fallo que prohibía traballar de noite á cmenteira ubicada en Millarada, na parroquia de Vilar, que actualmente subministra o cemento para as obras do AVE. A actividade dos camións e as descargas xeran ruído e po, o que atenta contra dos dereitos fundamentais dos veciños. A planta tiña orde de parar polas noites e os días non laborables pero, agora, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estende a prohibición durante todo o día. Na práctica, implica que a factoría do Grupo JCA Hormigones terá que suspender a súa actividade por completo. Os maxistrados dan así a razón ao denunciante José Manuel Crespo, e revogan un ditame do ano do 2009 que ditara o xuíz do Contencioso-Administrativo, que decretara o peche parcial da empresa polas noites, os fins de semana e os festivos para evitar molestias ós veciños.
O TSXG revoga así un acordo do pleno do Concello de Redondela que deixaba en suspenso a sentenza de paralización parcial mentres non se sustanciase o procedemento de declaración de lesividade, por entender que a paralización parcial carrexaría á empresa prexuízos de imposible ou difícil reparación. A fábrica continuou producindo cemento continúo, e os propietarios da formigoneira romperon ata en oito ocasións os precintos policiais. A sentenza di que é ilegal que a actividade continúe, xa que a planta carece de licenza ao ser anulada a que no seu día foi concedida, anulación que a sala e o Consello Consultivo estimaron procedente. O TSXG fundamenta que aínda que é certo que existe o deber xurídico de soportar, dentro duns límites, as molestias de actividades necesarias para a vida social, «tal obrigación non existe para as actividades ilegais».

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará