Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Chapela confía no actual equipo para o reto da Primeira Autonómica

RR_Noticias

Non puideron festexar o ascenso despedindo a liga cun triunfo, porque a falta de xogadores do Coruxo B obrigou a suspender o encontro. Molestos pola escasa profesionalidade dos rivais, pero satisfeitos co traballo da temporada que remata, en Chapela preparan o equipo para a próxima temporada en Primeira Autonómica. E fano confiando no actual técnico e nos xogadores que fixeron posible o ascenso.

Rematou a liga na Segunda Autonómica e o Chapela xa é equipo de Primeira. Lamentablemente ós redondeláns estragóuselles algo a festa no último partido, que tivo que suspenderse por falta de xogadores do Coruxo B. Os vigueses presentáronse en Chapela con 10 xogadores, e ó pouco de comezar o partido, varios futbolistas queixáronse de lesións e retiráronse do terreo, polo que ó non contar co mínimo requerido, o colexiado tivo que suspender o encontro. Desde Chapela criticaban a actitude do Coruxo B, que quixo reservar ós xogadores para o encontro do seu primeiro equipo. Luis Ferreira, adestrador do Chapela, cualificou o espectáculo de “lamentable”, impropio dunha entidade deportiva como o Coruxo. Os actos festivos preparados polo club redondelán quedaron algo “deslucidos”, ó non poder agasallar cun triunfo á súa afección, pero festexaron igualmente o ascenso a Primeira Autonómica, acadado xa matematicamente hai varias semanas. Para a próxima temporada o club seguirá confiando en Ferreira, quen aseguraba que o equipo será “practicamente o mesmo”, con tres ou catro reforzos. O técnico dixo confiar nos actuais xogadores para o reto da nova categoría, insistiu en que quere darlles esa oportunidade porque ademais “meréceno” despois de ter conseguido o ascenso. En canto ós obxectivos para a próxima temporada, que Ferreira augura “moi dura”, o propósito do Chapela é manter a categoría, un reto “difícil pero non imposible”.

Luis Ferreira adestrador
O técnico confía en manterse na caegoría aínda que recoñece as dificultades da 1ª Autonómica
Chapela-Coruxo B
Ferreira lamenta a mala imaxe ofrecida polo Coruxo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará