Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

38 pratos compiten no concurso gastronómico do Choco nunha festa pasada por auga

RR_Noticias

O tradicional choco con arroz volveu ser o protagonista nunha edición na que se presentaron novidades como o choco recheo ou en burritos, acompañado de salsa picante emulando ao típico prato mexicano. A organización considera cumpridas as expectativas a pesar do mal tempo

O mal tempo foi protagonista indiscutible da XXIV edición da Festa do Choco. Pese a todo as mesas instaladas baixo a carpa no Campo da Feira enchéronse no mediodía de onte para degustar o cefalópodo que se serviu en empanada, con arroz, na súa tinta ou algunha especialidade nova, como a presentada polo establecemento Cathering Arelas quen se atreveu cuns “burritos de choco”.
A afluencia de público, menor que en adicións anteriores polo mal tempo, non impediu que se venderan os 5.000 kilos de choco que dende a organización prevían despachar.Ademais de gastronomía houbo tamén momentos para a diversións coas actuacións musicais e coa lectura do pregón, a cargo do actor Xosé Manuel Conde.
En canto ao concurso gastronómico, o restaurante Don Crespo foi un dos grandes vencedores ao facerse co primeiro premio nas categorías de chocos con arroz e á mellor receita creativa grazas ás súas peras choqueiras, mentres que o restaurante Casa Paco se levou o primeiro premio polos seus chocos na súa tinta. A mellor presentación foi para a panadería Viso Pan polos seus tamales de choco con arroz, establecemento que se levou tamén o recoñecemento pola súa empanada de millo. O xurado destacou tamén a calidade da empanada de trigo presentada pola Panadería O Muíño de O Viso.
Dende a organización, aínda que lamentan o mal tempo que acompañou á edición deste ano, entenden que se cumpriron as expectativas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará