Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

María Vilar imparte un obradoiro de Banda Deseñada en Chapela

RR_Noticias

A ilustradora e docente ensinaralle aos mozos a crear un cómic dende a elaboración do guión ata a creación dos debuxos e o seu coloreado. A actividade celebrarase hoxe xoves, día 18, a partir das 18.30 horas na Biblioteca de Chapela.

Dúas horas de actividade na que os mozos, de idades comprendidas entre nove e quince anos, crearán a súa propia tira cómica ou páxina de banda deseñada. Para iso contarán coa axuda da debuxante e mestra María Vilar que lle ensinará aos rapaces todo o proceso de elaboración dun cómic. Durante a primeira media hora crearán unha idea orixinal en torno á cal farán un guión, con todas as características precisas para que sexa atractivo para o público e queira mercalo. Os asistentes tamén aprenderán a crear personaxes e facer os seus deseños, que se plasmarán nun bocexo que realizará cada un deles.
Na segunda parte do obradoiro daránselle as pautas para debuxar o guión que se preparou previamente, logo pintarano. No obradoiro tamén se lle demostrará aos rapaces as vantaxes que proporcionan as novas tecnoloxías, así como o coloreado por ordenador.
A actividade celebrarase o xoves, 18 de Febreiro, a partir das 18.30 horas na Biblioteca de Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará