Hoxe é Sábado 28 de Novembro de 2020

A Feira do Troco consolídase en Redondela

RR_Noticias

A Asociación de Consumo Responsábel Loaira organiza este sábado unha nova edición da Feira de Troco a partir das 11:00 nos soportais da Casa do Concello. O obxectivo é promover un consumo máis responsable e respectuoso co medio ambiente.

Darlle unha nova oportunidade a obxectos que temos por casa e que xa non usamos a pesares de atoparse en bo estado é o obxectivo principal desta actividade que ve no troco un “antídoto contra o consumismo irracional alén dunha escusa para compartir, coñecer xente nova e construír unha nova sociedade cuns valores e actitudes máis respectuosas co medio ambiente e as persoas que vivimos nel”. O sistema de troco do sábado segue a mesma dinámica que en edicións anteriores. As persoa interesadas poden levar aos Soportais do Concello ata seis obxectos aos que non lle dean uso, mais que estean en bo estado. Entre as 11:00 e as 12:30 recolleranse eses obxectos entregándose un vale numerado por cada un deles. Entre as 12:20 e as 13:30 os vales poderanse trocar polos obxectos depositados. Cada vale pode ser trocado por un obxecto. No caso de que dúas ou máis persoas estean interesadas nun mesmo obxecto, darase prioridade á numeración dos vales. Un actividade que pretende ter periodicidade bimensual e que está a ter unha gran acollida por veciños da vila e de fora que cambian nesta feira produtos como libros, música, roupa e incluso obxectos nalgúns casos sorprendentes.

Susana Alvarez membro de Loaira
O obxectivo é promover unha consumo máis responsable
Libros e música
Todo tipo de obxectos son válidos neste mercado sempre que se atopen en bo estado

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *