Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A psicodelia acompaña á poesía na obra “Alambradas”

RR_Noticias

A Compañía de David Fernández Rivera presenta este mércores ás 20:00 horas en Redondela o seu espectáculo “Alambradas”. Un espectáculo teatral onde a poesía se sube ao escenario acompañada da danza, a música , o deseño escenográfico e a iluminación.  

O propio David Fernández Rivera afirma que se trata dun espectáculo multidisciplinar que persegue entre outros obxectivos, achega a poesía a públicos que non a coñecen, xa que como poeta asegura que un dos grandes hándicaps desta proposta literaria é o feito de que moitas veces a poesía queda reducida ao propio ámbito dos poetas, sen chegar á totalidade da poboación. A obra poderase ver este mércores no multiusos da xunqueira con entrada de balde, dentro da programación do Nadal cultural da Concellería de Cultura.

David Fernández
Alambradas unha proposta multidisciplinar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará