Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un soldo de 500 euros durante seis meses

RR_Noticias

Ese é o agasallo co que a Asociación de empresarios quere premiar a un dos clientes que durante estas datas de Nadal realice as súas compras no comercio local. Para fomentar as ventas haberá actividades itinerantes nos centros urbanos de Redondela e Chapela  

O colectivo empresarial sorteará un vale por valor de 500 euros mensuais durante medio ano entre todos aqueles que participen na campaña de promoción do comercio local. Para participar non hai máis que realizar unha compra nalgún dos comercios asociados, cubrir os datos do comprador nun vale que proporcionará o propio establecemento e depositalo nunha urna. Ao rematar a campaña farase o sorteo do que sairá un único premiado quen durante medio ano poderá realizar as súas compras nos locais da vila por valor de 500 euros mensuais A asociación desenvolverá tamén nestas datas un programa de actividades de animación cultural no que se inclúe a instalación dunha carpa diante da Casa da Torre a partir do día 23 de decembro e diferentes actividades itinerantes polo centro urbano. Algunhas das actividades desprazaranse tamén ao centro de Chapela

Julia Alonso
Dende a asociación de empresarios premiarase a fidelidade ao comercio local cun soldo de 500 euros durante seis meses
Unha carpa na Casa da Torre
haberá actividades para os máis cativos pero tamén animación itinerante nas rúas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará