Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Compañía Bicodobrelo achega ao multiusos a Comedia Bífida

RR_Noticias

As persoas interesadas en asistir á representación teatral que terá lugar o venres 20 de novembro ás 20:00 poden retirar ás súas invitacións no Servizo de Normalización Lingüística no segundo andar do Multiusos da Xunqueira ou facer as reservas no teléfono 986 402842

A Concellaría de Normalización Lingüística achega a Redondela a representación teatral da Comedia Bífida, unha obra de Manuel Núñez Singala que dende hai mesees está sendo representada pola compañía Bicodobrelo teatro. O venres día 20 terá lugar en Redondela unha única representación A intención da Concellaría de Normalización Lingüística é achegar a toda a veciñanza un “traballo de calidade, en galego, cunha atrevida e transgresora presentación escénica, que reflexiona e afonda sobre os usos da nosa lingua, os prexuízos, o descoñecemento e os pros e os contras de falar a lingua propia, parte fundamental da nosa cultura, ameazada nestes tempos polo mundo globalizado en que vivimos”. Estes ingredientes están aderezados con boas doses de humor, ironía e retranca galega. Todas as persoas interesadas en asistir á representación poderán retirar as súas invitacións no Multiusos da Xunqueira, ou facer as reservas no teléfono 986 402842 do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela. Argumento A obra achégano a unha curiosa versión do Xuízo Final. Con san Pedro como xuíz supremo. Os mortos desta obra de teatro son xulgados pola súa actitude a prol ou en contra do uso da lingua propia. Xa que os mortos son maiormente galegos, vai resultar que a lingua en tea de xuízo é o galego, ese rexistro idiomático posto en cuestión no país do que é orixinario e o seu sinal de identidade. Un arcanxo defensor e un demo fiscal darán o contrapunto argumental á hora de sopesar as razóns que levan a un galego ou galega a non querer falar a súa lingua con normalidade.

Eva García Rei
A comedia bífida unha obra para pensar e divertirse

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará