Hoxe é Mércores 16 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rei negocia en Madrid a rehabilitación do viaduto

RR_Noticias

O alcalde de Redondela Xaime Rei reúnese hoxe cos responsables da Dirección Xeral de Patrimonio en Madrid para coñecer os detalles do proxecto de rehabilitación do viaduto. O delegado do goberno en Galicia, Antón Louro confirmou que en breve anunciará esas obras

Un proxecto de rehabilitación e posta en valor do Viaduto que contará con dúas fases. Na primeira procederase a recuperar a estructura, actuación que permitiría retirar a rede que dende o verán cubre a totalidade da ponte para evitar posibles desprendementos. A segunda fase, reiteradamente anunciada dende o goberno municipal, permitiría converter a vella ponte nun paseo peonil. O rexedor local confía no compromiso de Patrimonio, dependente do Ministerio de Economía e Facenda, a pesar de que os socialistas votaran en contra dunha emenda presentada polo populares aos orzamentos do estado na que demandaban unha partida económica para realizar esta obra. Rei conta tamén co compromiso verbal do delegado do goberno en Galicia Antón Louro, quen adiantou xa que o proxecto do viaduto pronto será unha realidade Dende 2004 existe xa un ambicioso proxecto para por en valor a ponte que se foi pospoñendo reiteradamente ante a falta de financiamento.

Antón Louro
O delegado do Goberno asegura que en breve anunciarán as obras de recuperación do viaduto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará