Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

II edición do Vento Rock en San Martiño

RR_Noticias

O concerto comezará ás 21:00 horas do sábado no campo da MIñoteira en Ventosela, coa actuación de cinco bandas de música rock: Holocturia, Zona Zero, Skakeo, Defecto Optiko e Homenaxe a Led Zeppelin. Haberá castañas gratuítas e bebidas a prezos populares  

O festival de música está organizado pola asociación xuvenil Ventorock, unha agrupación que ten como obxectivo fundamental seguir organizando esta cita rockeira e organizar ademais diferentes actividades culturais, deportivas e de contacto coa natureza. O concerto do sábado comezará ás nove da noite con entrada e castañas de balde para todos os que se acheguen. En canto os grupos, haberá actuación de bandas locais como Homenaxe a Led Zeppelin e Holocturia, e grupos de fora cun recoñecido prestixio na provincia como son ZonaZero de Vigo e Skakeo e Defekto Optiko de Bueu. Haberá ademais unha gran carpa para evitar que as inclemencias meteorolóxicas estraguen a cita. Dende a organización afirman que esta segunda edición supón un “salto de calidade” con respecto o ano pasado en canto ás instalacións e aos materiais se refire, posto que ademais da carpa completamente pechada e pegada ao escenario mellorarase cualitativamente con 18000 watios de son e 40000 watios de luz. A entrada ao recinto será de balde, así coma as castañas que serán feitas durante o festival e tamén haberá bebidas a prezos populares. Dende a organización contan con superar o medio milleiro de asistentes

Fran Ubeira
Bandas de toda a provincia subiranse ao escenario este sábado en San Martiño

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará