O delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, anuncia na súa visita a Redondela a achega de 3’2 millóns de euros do novo Fondo Local Para o Emprego. As obra do Plan E crearon no concello un total de 238 emrpegos
O delegado do goberno en Galicia Antón Louro anunciou na visita que na mañá de hoxe realizou a Redondela que o noso concello percibirá 3’2 millóns de euros do novo Fondo Local. Unha cantidade que se suma aos 5’3 millóns que o noso municipio recibira xa do Fondo Estatal de inversión Local e que permitiron a contratación dun total de 238 traballadores. Entre as obras realizadas con cargo a a este Fondo do Plan E, atopamos a humanización de varias rúas, o paseo fluvial do Maceiras, a adecuación de diferentes infraestruturas deportivas e a realización de varias obras de saneamento. Xaime Rei destacou precisamente este investimento, xa que segundo afirmou o 40% dos cartos recibiron destináronse a dotar de saneamento a aquelas parroquias que aínda carecían deste servizo esencial e asegurou que unha vez rematadas o 90% dos veciños do municipio contarán con saneamento Antón Louro, acompañado por el subdelegado del Gobierno en Pontevedra, Delfín Fernández, e do alcalde de Redondela, Xaime Rei, visitou entre outras as obras de humanizacións nas rúas Pai Crespo, José Regojo, Isidoro Queimaliños e Espíritu Santo así como no paseo fluvial do río Maceiras.