Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

VIII Concurso de Postais de Nadal en Soutomaior

RR_Noticias

A OMIX organiza este concurso no que poden participar todos os que o desexen e que presenten os seus traballos antes do 11 de decembro. As bases pódense consultar no enderezo www.soutomaior.com/xuventude

A Concellería de Xuventude de Soutomaior convoca a VIII Edición do Concurso de Postais de Nadal. Haberá cinco categorías por idades desde os 3 anos en diante. Este ano auméntanse os premios e en cada categoría premiarase catro postais. Tamén haberá un agasallo para todas as persoas que participen no concurso e asistan á entrega de premios.
As postais deberán presentarse na OMIX, Multiusos- R/ Peirao, 8 – 36690 Concello de Soutomaior. O prazo de presentación comeza o 11 de novembro e remata o 11 de decembro ás 20,30 h.
A entrega de premios realizarase no Multiusos en Arcade o venres 18 de decembro
Desde a Concellería de Xuventude animamos aos veciños e veciñas a participar neste concurso. As bases pódense pedir na OMIX ou descargarse da web www.soutomaior.com/xuventude

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará