Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os socialistas rexeitan unha emenda presentada polo PP para rehabilitar o viaduto

RR_Noticias

Os populares consideran “demagóxica” a postura do alcalde Xaime Rei e do seu partido quen logo de rexeitar a emenda anuncian que consideran prioritario abordar o proxecto de xeito inmediato
 

O PP de Redondela vén de amosar a súa sorpresa ante o anuncio da reunión que manterá mañá xoves Xaime Rei coa Dirección Xeral de Patrimonio para negociar a rehabilitación do viaduto Madrid “tendo en conta que os socialistas votaron en contra unha enmenda presentada polos populares na que solicitaban unha partida económica nos ornamentos do estado para acometer o proxecto de rehabilitación da ponte”.
O edil popular Alberto Pazos entende que non é serio que os socialistas rexeiten a emenda popular e por outra banda falen de negociacións e xestións con Patrimonio para realizar esa obra.
Critican ademais que o alcalde anuncie na radio municipal que non se pode falar de prazos para afrontar o proxecto do paso peonil, e cinco días despois anuncie que vai abordar a cuestión de xeito inmediato.
Pazos engade que estas contradiccións están a “amosar a desesperación do rexedor socialista por conseguir realizar algúns dos proxectos estrela que leva prometendo os derradeiros trinta anos como o paseo marítimo, auditorio da marisma ou o PXOM”

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará