Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O cambio de investimentos aprobado polo goberno local provoca as críticas dos populares

RR_Noticias

O PP cualifica de “improvisación, despilfarro e continuismo” a modificación aprobada no pleno extraordinario do venres que prevé destinar 1’5 millóns de euros a diversas obras municipais

O candidato do PP a alcaldía Javier Bas manifestou o total rexeitamento do seu partido ao cambio de inversións previsto para este ano 2011 no Concello de Redondela acordado no pleno do pasado venres. Segundo explicaba o edil de urbanismo, Emilio González Iglesias trátase dun remanente de tesourería do que se destinarán 600.000 euros a ampliar a rede de abastecemento e saneamento. 500.000 euros a mellora de viais, 180.000 a reparación no Multiusos da Xunqueira, 120.000 euros á mellora dos vestiarios do pavillón de Chapela, 100.000 para a redacción do Plan Xeral e 54.000 que se investirán nunha escultura na praza de Ribadavia. Dende o PP entende que este cambio aprobado polo goberno local no pleno extraordinario do venres responde a unha política de “improvisación, despilfarro e continuísmo” por parte de PSOE e BNG. Critican especialmente que se destinen 54.000 euros destinaranse ao acondicionamento da praza de Ribadavia, “unha obra que a día de hoxe pode esperar xa que existen outras prioridades no municipio como son a creación de emprego ou a mellora dos servizos sociais” así como os 100.000 euros destinados para o PXOM “trinta anos despois de esperar por el, acórdanse agora, a catro meses das eleccións, da súa necesidade” González iglesias lembráballes aos populares que a carencia do Plan Xeral non é algo exclusivo de Redondela xa que todos os concellos incluídos os gobernados polo PP están a padecer os cambios reiterados nas lei urbanísticas e aseguraba que os cen mil euros investiranse para que a corporación que saia das elección de maio teña xa adiantado unha adaptación do plan xeral que lle permita gañar tempo.

Javier Bas candidato do PP
Critican os cambios nos investimentos aprobados no pleno exraordinario do venres
Investimento no PXOM
Critican que se invistan 100.000 euros no plan xeral cando en trinta anos non foron quen de aprobalo
Emilio González Iglesias PXOM
O edil socialista asegura que os cen mil euros facilitarán o traballo a corporación que saia das elección de maio

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará