Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela esixe a Fomento a mellora no acceso a Trasmañó

RR_Noticias

Unha rotonda na N-552 á altura do Alto da Encarnación e unha ponte cuxa anchura permita que dous vehículos circulen a un mesmo tempo pola pasarela son as dúas demandas concretas que o pleno do concello trasladaralle tanto ao Ministerio de Fomento como a Audasa logo de que así se aprobase no pleno celebrado onte. A proposta chegou ao debate da man do PSOE.

Os socialistas levaban esta cuestión ao pleno logo de coñecer o proxecto de Fomento e Audasa e que consideran claramente insuficiente por contemplar unha ampliación da actual ponte que non permitirá que sobre a plataforma se crucen dous vehículos nin tampouco dotar esa pasarela dunhas beirarrúas axeitadas para garantir a seguridade dos peóns. Unha situación que ao entender dos socialistas débese “a falta de xestión do goberno local”. As críticas eran recollidas pola voceira do PP Carmen Amoedo quen aseguraba que “foi precisamente o goberno de Javier Bas e a Asociación de afectados quen lograron que esta actuación se incluíse como mellora nas obras de ampliación da AP-9 cando nin sequera estaba contemplado. Acusaba aos socialistas de presentar unha moción oportunista. A proposta contou co apoio de todos os grupos malia que dende o BNG criticaron que non se levara esta cuestión ao concello parroquial. Apuntaba o edil nacionalistas Xoán Carlos González que “este é o momento para seren ambiciosos, non quedarse no debate de si a anchura da ponte debe ser de cinco ou dez centímetros máis e reclamar un acceso en condicións para unha parroquia cunha conexión moi complicada co resto do municipio”.  Moito debate para unha propostas que contou co apoio de todos os grupos.  

Eduardo Reguera PSOE
Defendía a moción do seu grupo para mellorar o acceso a Trasmañó
Carmen Amoedo PP
Criticaba a moción por "oportunista"
Xoán Carlos González BNG
Demandaba maior ambición para favorecer a comunicación con esta parroquia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará