Hoxe é Mércores 18 de Novembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP promete catro grandes infraestruturas para transformar Chapela se recupera a alcaldía

pp horizontal

O PP entra en campaña: o voceiro municipal anuncia un ambicioso proxecto para “a transformación e a dotación de servizos en Chapela”. Nun encontro con veciños e representantes de clubs e colectivos comprometeuse a realizar catro actuacións que dotarían esta parroquia dunha escola infantil, un gran complexo deportivo, unha escola de música e un parque exterior no caso de recuperar a alcaldía.

O voceiro municipal, Javier Bas asegurou que son “catro compromisos irrenunciables do Partido Popular para o próximo mandato” co obxectivo de que a veciñanza de Chapela “recupere o tempo perdido tras oito anos de total abandono”.

Os proxectos presentados polo PP, que se desenvolverán, en caso de chegar ao goberno local, ata o horizonte de 2030, consisten na construción dunha escola infantil, un gran complexo deportivo con pavillón como infraestrutura principal, un campo de fútbol, pistas de pádel e rocódromo; unha nova escola de música que substitúa a actual instalación, que quedou sobrepasada ao ter 300 usuarios e un parque exterior que se enmarca nun ambicioso proxecto, para desenvolver por fases nos anos seguintes, para a transformación urbana e o embelecemento de Chapela.

O popular asegurou que se trata dunha proposta “ambiciosa, pero realista e realizable cun goberno que xestione con rigor, implicación e sentido común” e, tras presentar esta iniciativa ante a veciñanza indica que a partire de agora inicia “un período de escoita e recollida de suxestións e melloras por parte da veciñanza de Chapela e dos representantes das asociación culturais e deportivas “co obxectivo de que dispoñamos dos mellores proxectos posibles de que estean perfectamente maduros para comeza coa súa tramitación de acadarse un cambio de goberno”.

Finalmente, Bas lembrou que a escola infantil e o pavillón son “demandas históricas” de Chapela que cualificou de “urxencia” para que a veciñanza dispoña dos equipamentos que merece, a nova escola de música xurde da necesidade de dotala de máis espazo tras quedarse pequena, mentres que o parque exterior se enmarca na intención do PP de mellorar a imaxe e a confortabilidade da localidade nun proceso que incluirá no futuro a adopción de medidas estéticas nas súas travesías.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará