As asociación Lenda, Andaina, Cáritas, Afaga, Asociación Española Contra o Cáncer, Pobo Saharaui, Da Man, Fundación Sta Cruz e Fundación Amigos de Galicia asinaron hoxe no Concello as axudas municipais en materia de protección social por valor de case 100.000 euros. A alcaldesa, Digna Rivas salientou no acto institucional de sinatura celebrado no Concello o papel do tecido asociativo “para garantir o benestar e protección das persoas máis vulnerables”.
As nove entidades e colectivos sociais recibirán axudas por valor de 99.780,00 euros destinadas a sufragar os programas asistenciais, de apoio psicolóxico e de integración que se desenvolven no municipio. A alcaldesa, Digna Rivas, presidiu o acto institucional de sinatura e puxo en valor o labor diario destas organizacións.
Os colectivos beneficiarios son a asociación Lenda Saúde Mental, Andaina e Cáritas que reciben unha dotación de 20.000 euros cada unha para o desenvolvemento dos seus respectivos programas de atención, apoio e inclusión. AFAGA (a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Galicia) conta cunha partida de 18.000 euros para as súas terapias e apoio a familias e usuarios. A Asociación Española contra o Cancro e a Fundación de Amigos de Galicia dispoñen de 6.000 euros cada unha, destinados a campañas preventivas e de apoio a menores e familias en situación de risco.
No caso da Fundación Santa Cruz de Teis recibe unha contía de 3.000 euros para a súa rede de acollida e apoio a persoas en situación de desprotección social. Da Man recibe 2.500 euros e a Asoc. Solidariedade Galega co Pobo Saharaui 1.780 euros.









