Hoxe é Domingo 11 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O II Vieira Board Game volverá reunir ás familias en torno aos xogos de mesa

xogos 1

Vilar de Infesta aposta polo ocio sen pantallas co “Vieira Board Game”, a segunda edición dunha xornada en torno aos xogos de mesa que, tras o éxito da primeira edición celebrada en febreiro, regresa ao centro cultural con novidades como o One Piece xunto a clásicos como o parchís ou a Oca. A cita será o domingo 11 de outubro, de 11:30 a 20:00 horas.

Despois da boa acollida da primeira edición, que conseguiu reunir no mesmo espazo a nenos, mozos, familias e persoas maiores, a organización quere dar un paso máis e converter esta segunda xuntanza nunha gran festa dos xogos de mesa e do lecer compartido.

A proposta deste domingo combina xogos de mesa modernos, torneos, obradoiros e xogos tradicionais, creando un espazo no que todo o mundo poida atopar unha mesa na que sentar e xogar, independentemente da súa idade ou experiencia.

Haberá xogos de mesa para todas as idades, con persoal cualificado que explicará as regras a quen queira iniciarse, así como torneos de cartas Pokémon e outras propostas, un obradoiro para aprender a xogar a One Piece e BayBlade, un obradoiro de manualidades frikis, sorteos e mesas libres para xogar ao teu aire.

Mirian Cortizo

Pero a xornada non estará pensada só para os xogadores máis afeccionados. Tamén haberá espazo para os xogos de sempre, aqueles que forman parte da memoria de varias xeracións: un parchís, unha Oca, xadrez, cartas e moitas outras posibilidades para sentarse a xogar en familia ou cos amigos.

A organización quere reivindicar así o valor do xogo presencial como unha alternativa de ocio saudable, especialmente nun momento no que boa parte do tempo libre, sobre todo entre os máis novos, transcorre diante dunha pantalla.

A programación desenvolverase de 11:30 a 20:00 horas, no Centro Cultural de Vilar de Infesta, e contará con diferentes actividades ao longo de toda a xornada.

Ademais de todas as propostas e sorpresas preparadas pola organización, as persoas que participen na xuntanza poderán aproveitar para comer a prezo reducido no Bar Baqueiro, situado na contorna do Centro Cultural, como iniciativa de apoio á xornada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará