Hoxe é Domingo 14 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Anxos Castro presenta en Chapela o libro “Conversas comigo mesma & emociones arrítmicas”

Foto-Anxos-Castro-e1707422834680

Dentro do espazo Aquí si hai quen escriba, a Biblioteca Xela Arias de Chapela convoca unha nova sesión na que dar a coñecer a produción escrita e a creación de veciños, veciñas e persoas da contorna máis próxima. Nesta ocasión será hoxe xoves ás 20:00 horas coa escritora natural de Boiro pero chapeleira de corazón Anxos Castro.
A autora presenta o seu primeiro poemario, chamado “Conversas comigo mesma & Emociones arrítmicas”, no que recolle poemas escritos ao longo de diferentes etapas da súa vida. Un poemario que ten fondo vencellado coa escrita de Rosalía de Castro, un xeito tamén de festexar o seu día.

Mª José Villar, biblioteca de Chapela


O acto contará coa presenza da concelleira de Cultura, Mª Rita Pérez Táboas, e de Estrella Iglesias Durán, gaiteira durante moitos anos do grupo folclórico Anaquiños.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará