Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charlas sobre educación afectivo sexual e a adicción ás novas tecnoloxías en Redondela e Chapela

RR_Noticias

Este mércores ás 17:30 horas terá lugar no Colexio de Laredo en Chapela unha charla na que se falará do uso e o risco da adicción ás Novas Tecnoloxías. O xoves será a Casa da Cultura onde a médico de familia Ana Prejigueiro Santás falará ás 20:00 horas sobre a educación afectivo sexual. Dúas actividades organizadas pola Asociación Érguete orientadas ás familias de nenos e adolescentes.

A técnica en intervención educativa, María Novelle será a encargada de impartir este mércores unha charla na que se abordará o papel da familia na prevención da adicción ás novas tecnoloxías. Unha convocatoria aberta a pais e nais na que se aclararán conceptos básicos sobre as redes sociais, TICS, e os dispositivos máis utilizados pola poboación xuvenil.
Así mesmo, identificaranse os efectos e as principais consecuencias dun uso abusivo das TICS, e analizaranse as ferramentas e pautas necesarias sobre cómo tratar unha conduta aditiva e o fomento axeitado dentro do ámbito familiar. A actividade desenvolverase o mércores 12 ás 17:30 horas no colexio de Laredo.
O xoves será a médico de familia e especialista en educación para a saúde, Ana Prejigueiro Santás quen impartirá unha charla sobre Educación afectivo sexual ás 20:00 horas na casa da cultura na que se falará do síndrome da beleza inalcanzable e a ditadura social, a obrigatoried
ade ou non de integrar sexualidade e afectividade, as relacións de parella entre adolescentes e de cómo marcan as redes sociais.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará