Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reciclar ten premio

RR_Noticias

Arranca este martes a campaña solidaria de reciclaxe de vidro que se vai desenvolver en Redondela ata o vindeiro 4 de xaneiro. Os que se acheguen mañá aos iglús de reciclaxe instalados para a ocasión nos cascos urbanos de Redondela e Chapela recibirán un acivro pola súa colaboración (un mínimo de tres botellas). Ao remate da campaña Ecovidrio e o Concello entregarán a Cáritas un talón cuxo importe irá en función dos quilos recollidos nestas tres semanas.

Medio Ambiente pon en marcha este 13 de decembro unha campaña que busca concienciar aos veciños da importancia da reciclaxe e a solidariedade. A campaña consiste na colocación de 10 iglús de reciclase de vidro nos casco urbano de Redondela e Chapela. No primeiro caso ubicaranse na capela de Santa Mariña, na praza José FIgueroa e na praza de Ribadavia (praza da Farola). En Chapela os puntos elixidos son a Alameda e o Cento de Saúde. Na xornada de mañá poranse a disposición dos veciños 300 plantas que lles entregará a todos aqueles veciños que se acheguen co seu quilo de vidro (3 botellas) a estes contedores. Os obxectivos que se perseguen a través desta campaña son entre outros informar e concienciar sobre o correcto uso do iglú verde para a recollida de envases de vidro. Tamén se aproveitará para obter información para coñecer o uso que fan os usuarios deste colecto e saber si coñecen a importancia desta reciclaxe.  

Miguel Angel Álvarez edil de Medio Ambiente
Unha campaña solidaria que busca promover a reciclaxe de vidros
Que reciclar
Envases e botellas de vidro son os protagonistas desta campaña

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará