Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Saxamonde homenaxea ás súas maiores

RR_Noticias

A Asociación de Mulleres Arela de Saxamonde presenta unha programación para o mes de marzo dedicada á muller. A asociación, este ano, céntrase nas mulleres da parroquia cunha homenaxe ás socias de máis idade, unha exposición e a proxección do filme “Elsa e Fred”.

A primeira das actividades previstas co gallo do Día da Muller será o sábado 9 cunha homenaxe ás sociais de Arela de maior idade que terá lugar ás 18:00 horas na Escola de Saxamonde. O sábado 23 inaugurarán unha exposición de traballos creativos que se poderá visitar no Centro Cultural Chan das Pipas, lugar no se o domingo día 24 proxectase a película arxentina “Elsa y Fred” ás 18:30 horas. Arela é unha asociación que ven traballando dende o ano 2004 no desenvolvemento persoal, social e cultural da muller, facendo fincapé nas súas problemáticas específicas. A asociación promove, ao longo do ano, actividades formativas, de crecemento persoal e lúdicas. Estas actividades constitúen un foco de posibilidades para moitas mulleres da parroquia de Saxamonde que teñen na asociación Arela a súa vía de se formar e explorar novos horizontes persoais e colectivos. As actividades terán lugar no Centro Cultural Chan das Pipas e na Escola Vella de Saxamonde e todas son de entrada libre.  

Isabel Alvarez Arela
Unha homenaxe ás maiores
Marga García Arela
Elsa y Fred

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará