Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello busca unha fórmula que permita a celebración dos plenos e eluda as presións veciñais

RR_Noticias

O alcalde Javier Bas estuda coa secretaria municipal unha fórmula que permita a celebración dos plenos logo de que a sesión prevista para a tarde de onte tivera que ser suspendida por mor do boicot dos afectados polas preferentes. Esta é a segunda vez nunha semana que se ten que levantar o pleno, algo que segundo fontes municipais está a prexudicar a cidadanía “xa que hai temas importantes que para se resolver teñen que se aprobados en pleno”.

Repetiuse o guión e o pleno convocado para a tarde de onte non se puido celebrar por mor do boicot dos afectados polas preferentes. Do mesmo xeito que o pasado 28 de febreiro, na xornada de onte xa media hora antes do inicio da sesión medio cento de aforradores ocupaban o salón de plenos. Entrementres os voceiros dos catro grupos presentes na corporación reuníanse na alcaldía e facían un chamamento aos preferentistas para que lles deixaran debater os primeiros puntos previstos dentro da orde do día. Unha proposta que foi rexeitada polos manifestantes, motivo polo que logo do minutos de silencio que se garda no inicio de todas as sesión en lembranza das vítimas da violencia de xénero, comezaron os berros e os pitos. O alcalde, Javier Bas decidía, por segunda vez nunha semana, levantar a sesión.
Unha situación que parece podería repetirse en vindeiras convocatorias, xa que os aforradores amosaron a súa intención de continuar coas protestas. Mentres dende o concello aseguran entender a estes veciños pero engaden que a situación non se pode repetir “xa que ao non se celebrar os plenos se está a prexudicar a outros veciños”. Poñen como exemplo que onte se ía aprobar o pago de facturas que se teñen que recoñecer para poder abonalas ou a renuncia dunha persoas a un quiosco que ao non ser aprobada impide que o seu actual titular recupere a fianza.
Ante esta situación, o alcalde Javier Bas anuncia que se están a estudar medidas que permiten celebrar os plenos no futuro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará