Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A policía nacional detén a “spiderman” como presunto autor dun roubo no Convento de Vilavella

RR_Noticias

O delincuente, de 40 anos de idade e veciño de Redondela, é coñecido baixo este alcume por acceder aos edificios que asalta polas fiestras tras camiñar con gran pericia por tellados e canalóns. O roubo do que se lle acusa tivo lugar no Convento de Vilavella a finais do pasado ano cando o presunto autor se tería levado do lugar – reconvertido actualmente en local de hostalaría- bebidas de gran valor.

Os feitos tiveron lugar o 5 de decembro cando unha persoa, segundo información de Policía nacional, accede ao interior do convento logo de saltar un muro duns catro metros, escalar cinco metros ata o tellado do edificio, percorrer máis de setenta metros e escalar finalmente unha torre para entrar por unha fiestra. No seu percorrido causou danos por valor de 850 euros.
Ademais e segundo a empresa administradora, “spiderman”  tería subtraído 19 botellas de licor de grandes marcas e catro bolletas de champagne dunha prestixiosa adega francesa.
A detención do presunto autor dos feitos tivo lugar o pasado 7 de marzo sendo trasladado a dependencias policiais onde se comprobou que lle constan trinta e dous antecedentes policiais.
Do mesmo xeito comprobouse que poucos días atrás esta mesma persoa tiña pasado a disposición xudicial imputado por un roubo nunha nave de conxelados tamén en Redondela, na que logo de fracturar unha uralita do tellado fíxose con 300 kilos de lagosta e 307 de langostino por un valor aproximado de 8.500 euros, sendo sorprendido con parte do botín motivo polo que se procedeu a súa detención.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará