Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Festa dos Fachos reivindica o espírito dos Indignados

RR_Noticias

A romaría, que partirá ás 23:00 horas do venres do pé do monte da Peneda, estará amenizada por grupos de gaitas, pandeiretas e cantareiras e vivirá unha vez no cumio a exaltación do solsticio do verán coa fogueira e a queimada. Este ano a reivindicativa invocación xirará en torno ao movemento 15-M e ao pouso de indignación que esta corrente deixou en boa parte da cidadanía.

Os participantes concentraranse ás 22:00 horas ao pé do monte onde se poderán adquirir os fachos a un prezo de 2’5 euros. A marcha comezará unha hora máis tarde, unha serpe de lume que irá subindo ao monte para xa unha vez no cumio gozar co calor da fogueira, a música e a queimada. A iniciativa, organizada por Alén Nós en colaboración con outros colectivos de Vilaboa, Soutomaior e Redondela, terá como todos os ano un marcado carácter reivindicativo como o demostra o discurso que en anos anteriores reclamou unha maior protección e recuperación do patrimonio histórico e natural, a promoción da batalla de Rande ou a protección do idioma. Este ano, os organizadores lembran o pouso deixado polo movemento cívico de protesta que arrancara o 15 de maio do pasado ano. Un movemento de indignación que entenden debería servir para amosarnos que temos o deber de “ser críticos co futuro que se nos está a vender” e que “temos a obriga e a responsabilidade moral de preservar e mellorar esta terra na que vivimos”. Conclúen no manifesto que “O que fagamos no presente será o único alegato válido para nos defender no xuizo ao que nos someterá o futuro”.  

Andres Laxe Alén Nos
A romaría ten un marcado carácter reivindicativo
Jabo Alén Nós
A festa arrancará ás 23:00 horas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará