O CD Choco recupera a boa racha e sitúase empatado co Valladares no terceiro posto en Preferente. O CD Soutomaior, pola súa banda arrebatoulle o segundo posto ao Unión Dena e están a un partido de conseguir o ascenso.
Vitoria tamén para o CD Arcade que afianza a permanencia no décimo primeiro posto en Primeira Galicia, mentres que o CD Cesantes continúa de pechacancelas en Segunda.
PREFERENTE
CD Choco – Atlético Arnoia (3-1)
Esta fin de semana o CD Choco recibiu ao Atlético Arnoia. O enfrontamento o superaron se dificultades, pola clara diferenza entre ambos na táboa xeral. O primeiro gol, de Anxo, chegou no primeiro minuto do partido. Ata o minuto 48 aguantou a defensa, pero un gol do Arnoia marcaba o empate. O CD Choco aumentou a intensidade e Adrián marcou o segundo gol no 59’, desfacendo o empate. O gol definitivo chegou na prórroga deixando o marcador nun 3 fronte a 1.
Os de Tizón aproveitaron a oportunidade para sumar tres puntos que os coloca empatados co Valladares loitando polo terceiro posto. Quedan 3 xornadas e o próximo domingo visitan ao Céltiga FC, segundos da categoría. Un partido interesante no que se xogan os postos de ascenso.
PRIMEIRA GALICIA
C.D. Arcade – San Martín CF (2-1)
Vitoria tamén para o Arcade. Os de Vázquez recibiron ao San Martín nesta recta final da liga, polo que o partido podería ser decisivo para ambos equipos. Gracias ao resultado a favor do Arcade, sitúanse de décimo primeiros con 42 puntos. O próximo domingo visitan o CD Pontellas , pechacancelas do grupo. Esta será una boa oportunidade para afianzar a permanencia na categoría a só 3 partidos de rematar a liga.
SEGUNDA GALICIA
CD Soutomaior – Unión Dena CF (1-0)
O CD Soutomaior continúa en boa racha con un empate e 3 vitorias nas últimas xornadas. Este domingo no Campo Graciano Padín arrebatáronlle o segundo posto ao Unión Dena nun partido intenso. O gol chegou no minuto 30 e o goleador foi Jose Carlos de la Torre.
Desta forma só precisan gañar o próximo partido para conseguir o ascenso directo. O domingo visitan ao Xil, nun enfrontamento no que o rival tentará poñelo complicado por estar moi necesitado de puntos dentro da zona de descenso.
CD Bueu – C.D. Cesantes (5-2)
Na mesma liga, o CD Cesantes, continúa de pechacancelas do grupo despois de perder na súa visita ao Bueu. Sitúase perigosamente na zona de descenso con 12 puntos. O próximo domingo reciben ao Xuv. Sanxenxo, quintos do grupo.