Hoxe é Martes 24 de Novembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela adxudica 40 camiños municipais das 70 actuacións  previstas no Plan de Camiños

camiño2

As actuacións xa adxudicadas suman a totalidade dos camiños previstos en Quintela, Trasmañó, Reboreda, Cabeiro e Ventosela. O importe dos traballos adxudicados acada os 1,3 millóns de euros. O orzamento total do Plan de Investimento Municipal é de 2,7 millóns para a reforma e mellora de máis de 70 vías.

O Concello de Redondela avanza na execución do Plan de Investimentos nos Camiños Municipais que conta cun orzamento total de 2,7 millóns de euros para a reforma e mellora de máis de 70 camiños das 13 parroquias. Deste programa, o executivo local ten xa adxudicadas máis da metade das vías previstas por un importe conxunto que acada os 1,3 millóns de euros, o que supón case a metade do investimento total.

Xa están adxudicados a totalidade dos camiños de Quintela que inclúe un total de nove actuacións: Camiño da Costeira, do Cupiño, camiño Novo Quintela, Camiño das Magariñas, Verdeal, Camiño da Faxina, Pouso de Arriba, Muíño do Muro e Fonte da Lama. O investimento total supera os 224.000 euros.

En Trasmañó tamén se adxudicaron xa as catro intervencións previstas: Subida a Trasmañó, Camiño da Cabadesa, Estrada da Lamosa e Camiño Minada. Os proxectos suman un total de 195.000 euros.

Os trámites de adxudicación das obras están rematados en todos os camiños de Reboreda por un importe de 296.000 euros. Son seis melloras en Camiño do Casal, Camiño Tereixos, Estrada do Aveal, Camiño das Cortes, Camiño do Cotiño e no Couto de Reboreda.

En Cabeiro as dúas actuacións que contempla o Plan están tamén adxudicadas por 53.000 euros. Son o Camiño dos Lagos e o Camiño do Penedo.

Os seis camiños que recolle o plan na parroquia de Ventosela xa están adxudicados por 160.000 euros. Son o Camiño das Patelas, da Cotacha, Camiño do Requeixo, Miñoteira, Estrada Fontecova e Camiño Arcipreste.

O Concello adxudicou tamén as obras de varios camiños que van mellorarse nas parroquias do Viso,Cesantes, Cedeira, Vilar e Chapela. Os restantes irán superando os trámites administrativos nas vindeiras semanas.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, puxo en valor a importancia deste plan para garantir a cohesión territorial e a calidade de vida en todo o municipio. Segundo sinalou a rexedora, «este plan demostra o compromiso real do goberno local coas nosas parroquias, cun investimento histórico de máis de 2,75 millóns de euros para mellorar a seguridade viaria e a mobilidade da veciñanza». Rivas engadiu que «non falamos de promesas, senón de feitos contrastables, con 1,3 millóns de euros xa adxudicados»

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará